160 likes | 256 Views
Setembro 2008. RELACIÓN ENTRE CIDADÁNS E FORZAS DE SEGURIDADE : Avance de Resultados. AS FORZAS DE SEGURIDADE: A Equidade da Xustiza, Forzas de Seguridade vs Cidadáns. MÁIS DA METADE DOS ENQUISADOS CONSIDERAN QUE OS XUÍCES TENDEN A FAVORECER ÁS FORZAS DE SEGURIDADE FRONTE AOS CIDADÁNS.
E N D
Setembro 2008 RELACIÓN ENTRE CIDADÁNS E FORZAS DE SEGURIDADE: Avance de Resultados
AS FORZAS DE SEGURIDADE: A Equidade da Xustiza, Forzas de Seguridade vs Cidadáns MÁIS DA METADE DOS ENQUISADOS CONSIDERAN QUE OS XUÍCES TENDEN A FAVORECER ÁS FORZAS DE SEGURIDADE FRONTE AOS CIDADÁNS • O 53,8% dos entrevistados opinan que cando os cidadáns denuncian ás forzas de seguridade do estado ben sexa a Garda Civil ou a Policía os xuíces que se fan cargo destes preitos non tratan con equidade a ambos litigantes senón que pola contra tenden a favorecer á Garda Civil ou a Policía en detrimento dos cidadáns. • Fronte a isto, 3 de cada 10 enquisados consideran que os xuíces si tratan aos dous por igual e, tan so o 1,5% mantén que favorecen aos cidadáns en prexuízo das forzas de seguridade. A isto debemos engadir que o 14,4% non soubo ou non quixo responderar a esta cuestión.
AS FORZAS DE SEGURIDADE: A Equidade da Xustiza, Forzas de Seguridade vs Cidadáns Se analizamos esta cuestión en función das diferentes variables de cruce podemos observar como a tendencia xeral se mantén en todas elas. Así as catro provincias presentan porcentaxes superiores ao 50% de enquisados que opinan que os xuíces tenden a favorecer ás forzas de seguridade , chegando ao 56,8% en Lugo. No que se refire ao tamaño de hábitat, obsérvase como entre os residentes en zonas rurais case o 60% opina que os xuíces favorecen a Garda Civil ou a Policía fronte aos cidadáns ao tempo que nos ámbitos semiurbanos e urbanos esta porcentaxe mantense no entorno do 51%. Non se aprecian diferenzas significativas en canto ao xénero máis alá dun lixeiro incremento entre as mulleres na categoría “Non sabe / Non contesta”. Á idade si que se nos mostra como unha variable con clara influencia sobre esta cuestión, en todos os intervalos son maioría os que opinan que os xuíces tenden a favorecer as forzas e corpos de seguridade, pero entre os menores de 30 esta porcentaxe chega ao 73,6%. Entre os maiores de 65 anos o 51,2% mostrase de acordo con esta opinión mentres que un 21,6% decántase pola non resposta. En relación ao voto nas pasadas eleccións autonómicas, vemos como o electorado das tres principais forzas políticas coincide a hora de inclinarse maioritariamente cara a opinión de que tenden a favorecer á Garda Civil ou a Policía, se ben o fan en distinta medida, xa que entre os do PP esta porcentaxe é do 48,2%, mentres que entre os nacionalistas chega ao 57,5% e a medio camiño atopámonos cos socialistas (53,2%).
FORZAS DE SEGURIDADE: Actuacións Descorteses e Abuso de Autoridade. CASE DOUS DE CADA DEZ ENQUISADOS FORON OU COÑECEN A ALGUÉN QUE FOI VÍTIMA DE TRATO DESCORTÉS OU ABUSO DE AUTORIDADE POR PARTE DAS FORZAS DE SEGURIDADE. • Quíxose medir a cantidade de persoas que foron persoalmente ou que coñecen a algunha persoa que foi vítima de actuacións descorteses ou de abuso de autoridade por parte das forzas de seguridade (Garda Civil, Policía, etc). En caso positivo, o entrevistado puido especificar se estes sucesos tiveron lugar só algunha ou varias veces. • Evidentemente a porcentaxe maioritaria é a de aqueles que declaran “nunca” ter sufrido ou ter coñecemento dun trato descortés ou abuso de autoridade (80,9%), pero cómpre salientar o feito de que case dúas de cada dez persoas entrevistadas (en total, un 18,5%) contestaron afirmativamente á pregunta realizada, é dicir forón vítimas ou teñen coñecemento dunha actuación descortés ou dun abuso de autoridade por parte das forzas de seguridade. Esta porcentaxe divídese nun 5,1%, que respondeu “varias veces”, e un 13,4%, que di “algunha vez”.
FORZAS DE SEGURIDADE: Actuacións Descorteses e Abuso de Autoridade. Das catro provincias galegas, aquela onde se rexistra unha porcentaxe máis alta de respostas de existencia dun mal proceder por parte das forzas de seguridade é Pontevedra, onde estas chegan ao 20,8% (un 13,6% algunha vez e un 7,2% varias veces). A segunda provincia por riba da media é A Coruña, onde a porcentaxe é o 18,8% (14,8% algunha vez e 4,0% varias veces). Nas provincias orientais estás porcentaxes son algo máis baixas pero mantéñense por riba do 10%: o 16,4% en Ourense e o 13,6% en Lugo. No que atinxe aos distintos hábitats, é no urbano onde atopamos a porcentaxe máis elevada de persoas que foron ou coñecen a alguén vítima de actuacións descorteses ou de abusos de autoridade por parte das forzas e corpos de seguridade (21,7%). En todo caso, os restantes concellos presentan tamén porcentaxes superiores ao 15%. En canto ao sexo dos entrevistados, as porcentaxes afirmativas son maiores entre os homes (o 24,3% fronte ao 13% das mulleres). No tocante ás idades dos entrevistados, as respostas afirmativas aumentan canto máis baixa é a idade da persoa entrevistada; deste xeito, na categoría de 18 a 29 anos, a porcentaxe de respostas afirmativas ocupa o 22,9%, porcentaxe que vai baixando ata chegar ao 12,7% para as persoas de 65 anos ou máis. Tamén observamos diferenzas en función do recordo de voto, así un de cada catro votantes do BNG (o 26,5%) respondeu afirmativamente; a porcentaxe entre os votantes do PSOE é do 18,8% e entre o electorado do PP tamén atopamos a un 14,6% de persoas que foron vítimas ou coñecen estas actuacións inapropiadas.
AS FORZAS DE SEGURIDADE: Percepcións sobre as Cargas Policiais 6 DE CADA 10 ENTREVISTADOS CONSIDERA QUE AS CARGAS POLICIAS NOS ACTOS DE PROTESTA SOCIAL ACOSTUMAN A SER INXUSTIFICADAS E DESPROPORCIONADAS • Ben porque a policía acostuma a abusar da forza nesas cargas (21,9%) ben porque en ocasións póñense nerviosos e váiselles a man (37,2%), o certo é que o 59,2% dos galegos opina que as cargas policiais empregadas para disolver actos como manifestacións ou sentadas non acostuman a ser xustificadas e proporcionais. • Pola contra, só o 32,4% dos entrevistados opina que practicamente sempre estas cargas son xustificadas e proporcionadas e, un 8,4% non soubo ou non quixo respostar a esta cuestión.
AS FORZAS DE SEGURIDADE: Percepcións sobre as Cargas Policiais Os que pensan que as cargas policiais son practicamente sempre xustificadas e proporcionadas mantéñense en todos os segmentos analizados en minoría fronte aqueles outros que opinan o contrario. Así, vemos como é novamente nas provincias atlánticas onde atopamos as maiores porcentaxes críticas ante a actuación da policía (62,8% en A Coruña e 59,6% en Pontevedra), pero tamén en Lugo e Ourense pasan do 50 os que consideran que estes corpos acostuman a actuar de xeito desproporcionado na disolución de manifestacións. No tocante ao tamaño de hábitat podemos ver como rural e urbano coinciden (62,4% e 61,5% respectivamente) a hora de non consideran adecuadas estas cargas. Nos concellos semiurbanos son tamén maioría os que se manifestan neste sentido (52,7%). Non se observan diferenzas significativas en función do xénero. Onde si que volvemos a atopar un clara relación é na influencia da variable idade, pois canto menor é a idade do enquisado maior é a porcentaxe dos que valoran criticamente a intensidade e os métodos aplicados á disolución de manifestacións , do 73,7% entre os menores de 30 ao 49,4% entre os maiores de 65 anos, pasando polo +/- 60% dos intervalos intermedio de idade. En todo caso cómpre destacar unha vez máis que en todas as cohortes de idade son maioría os avalían negativamente estas actuacións. A maior parte do lectorado das tres principais forzas políticas galegas consideran inxustificadas e desproporcionadas estas actuacións policiais, entre o electorado popular así o manifestan o 49,1%, mentres que esta porcentaxe é de máis de 6 de cada 10 ventre os votantes do PSdG-PSOE (60,6) e do BNG (64,7%)
AS FORZAS DE SEGURIDADE: Percepción sobre a Corrección das súas Actuacións MÁIS DA METADE DOS ENQUISADOS CONSIDERAN QUE AS FORZAS DE SEGURIDADE MANIPULAN OS SEUS INFORMES PARA OCULTAR ACCIÓNS INCORRECTAS • O 56,9% dos entrevistados opinan que tanto a Policía como a Garda Civil axustan cando lles convén os seus informes de xeito que non se lles coñezan actuacións incorrectas. • Só o dos galegos 30,6% cren que as forzas de seguridade sempre actúan de xeito correcto e os seus informes son imparciais. • A porcentaxe de non resposta neste ítem é do 12,5% .
AS FORZAS DE SEGURIDADE: Percepción sobre a Corrección das súas Actuacións Tamén neste punto a desconfianza cara a imparcialidade da Policía e a Garda Civil se mantén en función das distintas variables de cruce. Por provincias podemos observar como as porcentaxes máis elevadas recóllense en A Coruña (60,8%) e Lugo (58,8%) sendo Ourense a única provincia na que esta porcentaxe é inferior ao 50%, concretamente do 46,8%, superando por escaso marxe a aqueles ourensáns que defenden a imparcialidade destes corpos nos seus informes (42,4%). Canto máis rural é o hábitat maior é a porcentaxe dos que opinan que se realizan axustes nos informes, pasando do 60,5% nos concellos de menos de 10.000 habitantes ao 52% nas cidades. Nestas a porcentaxe de Ns/Nc acada o 15,3%, polo que os que confían na imparcialidade dos informes imparciais non pasan do 32,7%. Unha vez máis son os enquisados máis novos os que en maior medida denuncian esta situación, dende o 58,6% dos que teñen entre 30 e 49 anos até o 76,4% dos que teñen entre 18 e 29 anos. Entre os maiores de 50 anos, aínda que con porcentaxes menores, tamén son maioría os que se manifestan no mesmo senso (47,2% entres os de 50 e 64 anos e 50,1% entre os de mais de 64 anos), nestas cohortes de idade observamos tamén como se incrementa a porcentaxe de non resposta (móvese entre o 141 e o 18%), polo que a porcentaxe dos que avogan pola imparcialidade destes informes non pasa do 25,1%. Se atendemos ao recordo de voto nas eleccións autonómicas do 2005 podemos comprobar como son os votantes do BNG os que máis críticos se mostran neste ítem (67,2%), pero tamén entre os socialistas (53,6%) e incluso entre os votantes populares (48,8%) son franca maioría aqueles que pensan que a Policía e a Garda Civil axustan os seus informes segundo lles conveña.
AS FORZAS DE SEGURIDADE: Utilidade dunha Axencia que controlase as súas Actuacións 2 DE CADA 3 GALEGOS CONSIDERA ÚTIL A CREACIÓN DUNHA AXENCIA QUE CONTROLE AS ACTUACIÓNS DESPROPORCIONADAS DA POLICÍA • O 66,9% dos enquisados opina que a creación dunha axencia que controlase as actuacións desproporcionadas da policía sería bastante (33,3%) ou moi (33,6%) útil • Aqueles que consideran pouco (9,4%) ou nada (15,6%) útil a constitución desta axencia supoñen o 25% da mostra. • O restante 8,1% dos enquisados non souberon ou non quixeron responder a esta cuestión.
AS FORZAS DE SEGURIDADE: Utilidade dunha Axencia que controlase as súas Actuacións A utilidade desta axencia é unha constante para todos os segmentos analizados. A análise por provincias móstranos como en todas elas supera o 65% a porcentaxe que valora positivamente a súa utilidade. Os residentes en concellos semiurbanos (73%) e rurais (67,4%) son os que en maior número e con maior intensidade demanda a constitución desta axencia independente, mentres que nas cidades, a pesar seguir sendo maioría os que apoian a súa creación, atopámonos con un maior porcentaxe de escépticos sobre a súa utilidade (30,6%). Nesta ocasión si atopamos certas diferenzas en función do xénero do enquisado, así mulleres expresan en maior porcentaxe a súa percepción sobre a utilidade deste organismo (69,5% vs 64,1% dos homes). Consecuentemente co visto ata o de agora, son os entrevistados máis novos os que en maior medida demándan a creación desta axencia: 8 de cada 10 de menores de 30 están convencidos de que a creación dunha axencia destas características sería de utilidade. Esta porcentaxe mantense por riba do 70% entre os enquisados de 30 a 49 anos, descendendo paulatinamente ata o 52,4% entre entre os maiores de 64 anos. Como queira que neste último intervalo a porcentaxe de non resposta increméntase ata o 13,9%, comprobamos como incluso aquí os que dubidan da súa utilidade non pasan do 33,7%. Entre os votantes do PP nos últimos comicios autonómicos achamos a porcentaxe máis elevada de respostas nas categorías pouco ou nada útil (37,2%), pero seguen a ser maioría os que defenden a postura contraria (53,7%) ao tempo que o 69,9% dos do PSOE e o 74,5% dos do BNG si consideran a existencia desta axencia bastante ou moi útil.
AS FORZAS DE SEGURIDADE: Utilidade do Consello Autonómico de Seguridade DADO O SEU ACTUAL FUNCIONAMENTO SÓ O 14,3% DOS ENQUISADOS CONSIDERA ÚTIL O CONSELLO AUTONÓMICO DE FUNCIONAMENTO • O 65,8% dos galegos cren que o Consello Autonómico de Seguridade constituído no 2007, e que dende entón non se volveu a reunir, é pouco (24,0%) ou nada (41,8%) útil . • Só un 14,3% da poboación o considera útil (12,4%) ou moi útil (1,9%). • A porcentaxe de non resposta a esta cuestión é do 10,5% , mentres que un 9,4% que permaneceu indiferente ante a mesma.
AS FORZAS DE SEGURIDADE: Utilidade do Consello Autonómico de Seguridade En ningún dos segmentos de poboación analizados a chega ao 20% a porcentaxe dos que consideran útil o Consello Autonómico de Seguridade na súa actual dinámica de funcionamento. Así, comprobamos como unicamente entre os residentes das provincias de A Coruña e Ourense supera o 15& a porcentaxe dos que o consideran útil ou moi útil (15,2% e 17,2% respectivamente). Ao analizar esta cuestión a luz do tamaño de hábitat comprobamos como a medida que pasamos dos ámbitos rurais cara os urbanos comprobamos como descenden as porcentaxes de utilidade. Neste senso, é entre os habitantes do rural onde atopamos a porcentaxe máis elevada dos que consideran o Consello como un organismo útil ou moi útil (18,1%) se ben aínda moi inferior aos que opinan todo o contrario (63,3%), mentres que nas cidades só o 9,5% fai unha valoración positiva da utilidade desta institución. No tocante a idade, a menor porcentaxe de non resposta recollida entre os menores de 30 anos fai que esta cohorte de idade presente porcentaxes por riba da media tanto na inutilidade (68,8%) como na utilidade (17,8%) do Consello, se ben queda claro cal é a súa inclinación maioritaria. No resto de intervalos de idade as porcentaxes dos que o consideran útil non chegan ao 14%. Polo que se refire ao recordo de voto nos comicios autonómicos, aqueles que valoran positivamente a utilidade do Consello son franca minoría entre o electorado do tres principais partidos , sendo a porcentaxe máis elevada o 16% recollido entre o electorado popular e a máis baixa o 13,1% dos nacionalistas.
AS FORZAS DE SEGURIDADE: Colocación de cámaras nas comisarías galegas CASE 9 DE CDA 10 ENQUISADOS OPINAN QUE SE DEBERÍAN INSTALAR CÁMARAS NAS COMISARÍAS GALEGAS PARA GARANTIR OS DEREITOS DOS CIDADÁNS • O 89,4% dos entrevistados mantén que se deberían colocar cámaras nas comisarías e calabozos galegos, como xa se fixo noutras comunidades autónomas, a fin de evitar malos tratos ou comportamentos abusivos, garantindo así os dereitos dos cidadáns. • Fronte a isto, tan só o 6,3% dixo que non se deberían instalar este tipo de cámaras, e un 4,3% non se manifesta sobre este punto
AS FORZAS DE SEGURIDADE: Colocación de cámaras nas comisarías galegas O grao de acordo en torno a esta cuestión é tal que as diferenzas son mínimas entre os distintos segmentos analizados. Todos eles, agás a cohorte de maiores de 64 anos onde a porcentaxe é do 80,5%), mostran un grao de acordo coa instalación destas cámaras nas comisarias superior ao 85%. É precisamente a variable idade a que semella ter máis influencia neste punto, pois unicamente os maiores de 64 anos presentan porcentaxes de apoio a esta medida inferiores ao 90%, polo tanto, nos restantes intervalos 9 de cada dez enquisados apoian a instalación de cámaras de seguridade nas comisarias e calabozos como unha ferramenta que contribúa a garantir os dereitos dos cidadáns. Este maioritario apoio prodúcese entre o electorados das tres principais forzas políticas galegas.
ANEXOS: Ficha Técnica ▪ Ámbito: Comunidade Autónoma de Galicia. Desagregación por provincias ▪ Universo: Poboación de 18 e máis anos con dereito a voto. ▪ Tamaño: 1000 entrevistas, 250 en cada unha das catro provincias. ▪ Tipo de enquisa: Entrevistas telefónicas no domicilio dos entrevistados, selección aleatoria de teléfonos sobre o conxunto do listín, selección aleatoria de individuos en cada vivenda. ▪ Método de mostreo: En cada unha das provincias o deseño mostral resposta a tres estratos poboacionais. A selección final de individuos realizase segundo cuotas de sexo e idade, de forma proporcional á distribución en cada provincia. ▪ Afixación: Proporcional dentro de cada provincia, obtendo o número de elementos na mostra para cada estrato proporcionalmente ó censo de votantes en dito estrato. ▪ Erro mostral: Para un nivel de confianza de 95,5% (dúas sigmas), e p=q, o erro é de ± 3,16% para o conxunto de Galicia e dun ± 6,32% para cada unha das catro provincias. ▪ Data de realización: do martes 2 ao mércores 10 de setembro de 2008.