140 likes | 325 Views
Bidueiro bido, bedolo (Betula celtiberica) abedul birch bouleau bétula. CLASE Anxiospermas ORDE Fagales FAMILIA Betuláceas. Árbore común en toda Europa Central e Septentrional. De crecemento rápido, prefire as zonas húmidas de media e grande altitude.
E N D
Bidueiro bido, bedolo (Betula celtiberica) abedul birch bouleau bétula
CLASE Anxiospermas ORDE Fagales FAMILIA Betuláceas
Árbore común en toda Europa Central e Septentrional. De crecemento rápido, prefire as zonas húmidas de media e grande altitude. COPA cónica e estreita nos exemplares novos e máis redondeada e coas ponlas colgantes nos vellos. Pode acadar os 20 m de altura.
TALO O toro está cuberto por unha tona lisa de cor branca prateada con liñas horizontais grises. As ponlas novas teñen a tona de cor púrpura.
FOLLAS Simples, caedizas, de forma romboidal ou ovo-triangular coa beira dobremente dentada. Miden de 2 a 6 cm de lonxitude e son de cor verde escura. O peciolo é cilíndrico e longo.
FLORES As femininas son acios de 5 ou 6 amentos de cor verde pálida. As masculinas son amentos de cor amarela pálida de 2 a 3 cm de lonxitude. Aparecen no verán antes da caída das follas e abren en febreiro-marzo.
FROITOS Aquenios de pequeno tamaño, de forma oval-aplanada e con dúas ás, agrupados nunha falsa piña que se desfai no outono ao madurar.
Os bidueirais ou biduídos son bosques de bidueiras, formacións asociadas ás zonas húmidas de altitude media. As masas dunha certa entidade atópanse por riba dos 400 m. Adoitan estar acompañados de capudres, abelairas, teixos, pradairos, acivros, cerdeiras bravas e olmos de montaña. Nas zonas máis baixas atópanse mesturados con carballos. As mellores formacións de bidueiros atópanse na Serra de San Mamede (Bidueiral de Montederramo), Serra do Eixe, Os Ancares e Macizo Central.
Bidueiral de Montederramo, espazo declarado Zona de Especial Protección dos Valores Naturais, incluído na Rede Natura 2000. Bosque de bidueiros con gran cantidade de exemplares centenarios, situado entre os 1.000 e 1.619 m de altitude.
USOS Á madeira de bidueiro é branda e lixeira. Emprégase en ebanistería, para facer zocas, culleres, aparellos, contrachapados cestos... A tona usouse para conducións de auga e recubremento de chozos e as follas e gomos en infusión como diurético, antirreumático e depurativo.
¡Que branca é a abidueira! ¡Cara ó ceo anda a soñar! ¡Feita zoca, anque non queira, moita lama ha de tripar!. Manuel María. “Terra Chá” MONTAXE: Adela Leiro FOTOS: Adela Leiro Mon Daporta