440 likes | 714 Views
can (Canis lupus familiaris) perro dog chien cão . O can é un animal mamífero carnívoro de características externas moi variables. A estrutura corporal pode estar moi modificada en función das adaptacións propias de cada raza. orellas. cruz. lombo. fuciño. pescozo. peito. rabo.
E N D
can (Canis lupus familiaris) perro dog chien cão
O can é un animal mamífero carnívoro de características externas moi variables. A estrutura corporal pode estar moi modificada en función das adaptacións propias de cada raza.
orellas cruz lombo fuciño pescozo peito rabo ventre cóvado xeonllo man pé
-Tamaño entre os 20 cm de alzada dun chihuahua e os 90 cm do lobeiro irlandés -Peso desde escasamente 1 kg, dos máis pequenos, ata os 75 kg dos máis grandes. chihuahua lobeiro irlandés
-Rabo longo ou curto, erguido ou caído, co pelo longo ou curto...
-Patas rematadas en dedos con unllas fortes, as de diante sempre con cinco dedos e as de atrás con 4, 5 ou 6, aínda que o 5º e o 6º son case sempre rudimentarios (están pouco desenvolvidos).
MÚSCULOS trapecio dorsais glúteo caudais maseteiro xemelgo abdominais triceps
ESQUELETO cránio omóplato vértebras pelve maxilar fémur húmero tibia peroné costelas cúbito tarso esternón radio metatarso carpo metacarpo falanxes falanxes
ÓRGANOS INTERNOS cavidade nasal cerebro médula espiñal intestino groso intestino delgado ano tráquea vexiga esófago pulmón testículo corazón fígado pene estómago
MACHO FEMIA
Os cans desprázanse sobre as catro patas apoiando catro dedos dos pés. Poden acadar grandes velocidades e algunhas razas son moi resistentes. Tamén son bós saltadores.
O olfato é o sentido máis desenvolvido dos cans. Para algunhas sustancias, como a suor, pode ser un millón de veces superior ao das persoas. Poden seguir pistas de animais e persoas despois dalgún tempo, atopar cousas enterradas...
O oído é catro veces superior ao das persoas. Capta sons máis agudos e máis graves e distingue mellor as variacións. Localízaos moi rapidamente grazas ao movemento das orellas. A vista capta moi ben o movemento e peor os detalles e as cores. Ten un campo de visión amplo e de noite ve mellor que as persoas.
O tacto está presente en todo o corpo, pero as zonas de maior sensibilidade son os beizos, a língua e os dedos. Ten pelos tactís no fuciño, nas cellas e aos lados da cara. Tamén ten un especial sentido da orientación e unha alta sensibilidade diante das variacións ambientais (tormentas, terremotos...).
LINGUAXE: Os cans comunícanse entre sí de diferentes maneiras. Emite sons: ladra por diversos motivos, desde a excitación ata o medo. En xeral o ladrido é unha chamada de atención. O roñido: é unha advertencia agresiva. O oubeo: é unha chamada de atención, que fai xeralmente cando se sente só ou para dar a benvida a alguén. Os cachorros oubean cando se senten sós, cando teñen frío...
Sinais olfativos: Os cans machos marcan con pequenos chorros de ouriños diferentes lugares destacados do camiño que percorren (árbores, esquinas, farolas...) e vannos cheirando constantemente para interpretar as mensaxes olfativas deixadas por outros cans.
O can é un animal que aínda que está criado polas persoas, mantén as características dos seus antepadados, os lobos. É un ser social, que vive en mandas organizadas xerarquicamente, e a familia que o acolle pasa a convertirse no seu grupo no que o amo exerce o papel de xefe e os demais membros distintas posicións. Por eso non lle gosta estar só e goza coa compaña das persoas, cos xogos e cos paseos.
ALIMENTACIÓN Os cans son basicamente carnívoros. Os seus antepasados eran cazadores e devoraban ás presas enteiras obtendo delas todo o necesario. Os cans que viven coas persoas toman alimentos de diferentes tipos: pensos (preparados secos), alimentos enlatados, peixe ou carne con arroz ou pastas... e restos das comidas, especialmente carne e ósos.
REPRODUCIÓN A idade da madurez sexual é variable, entre os 7 meses e o ano. Dúas veces ao ano, xeralmente coincidindo coa primavera e finais do verán, a femia entra en celo. No seu corpo prodúcense unhas transformacións e desprenden olores a través dos ouriños que atraen aos machos. Despois da cópula a femia pode quedar preñada.
As crías desenvólvense dentro da femia arredor de 2 meses (63 días) e despois do parto a nai dalles de mamar durante dous meses aproximadamente.
O número de crías é variable. No ano 1944 unha cadela raposeira norteamericana pareu unha camada de 23 cachorros.
As crías nacen cegas e xordas, oriéntanse polo tacto e olfato. A nai lámbeas constantemente para mantelas limpas e estimuladas. Aos 9 días abren os ollos e empezan a oubir. A partir dos 12 días prodúcese un maior desenvolvemento da capacidade visual e auditiva e comezan a andar. A partir das tres semanas a comer.
Da 4ª á 7ª semana: móvense moito, utilizan a voz e o rabo para expresarse e xogan constantemente. Da 8ª á 12ª semana prodúcese a fase “social” na que aprenden a relacionarse cos seus conxéneres e coas persoas. Son moi activos e están continuamente xogando e mordendoo todo.
OS CANS E AS PERSOAS O can é o animal doméstico máis antigo, descende duns lobos que pouco a pouco se foron acostumando á convivencia coas persoas achegándose aos poboados para alimentarse dos restos e acompañándoas nas saídas de caza. Existen referencias de cans en convivencia con seres humanos desde hai aproximadamente 12.000 anos.
Co paso do tempo o home foi perfeccionando e seleccionando as súas cualidades, desenvolvendo aquelas que mellor se adaptaban ás súas necesidades: traballo, caza, pastoreo, coidado da casa, compaña e xogo..., o que foi diversificando as súas características e deu lugar ás diferentes razas que se coñecen na actualidade (aproximadamente 300). A primeira exposición canina da que se ten noticia celebrouse en Inglaterra no ano 1859.
As persoas teñen cans por diferentes motivos e intercambian con eles afecto e traballo. Na actualidade a maior parte dos cans téñense como animais de compaña, aínda que tamén se poden adicar a funcións moi diversas: caza, pastores, lazariños, garda e vixiancia, tiro de trenós, salvamento, policía, carreiras, actores, de circo.
COIDADOS: -Vacinalos para que non contraian enfermidades que poidan ser perigosas para eles ou para as persoas coas que conviven, como a rabia, a parvovirose, o moquillo... -Desparasitalos -Mantelos limpos -Terlle un lugar axeitado para descansar e un sitio fixo para comer. -Facilitarlle o exercicio: paseos, saídas, xogos... Un can san pode vivir de 12 a 15 anos, aínda que nalgúns casos excepcionais poden chegar aos 18 ou 20.
O can que vive nunha casa debe aprender unhas mínimas normas: -A andar con correa e camiñar xunto aos amos. -Atender ao seu nome e a respostar a algunhas ordes sinxelas: vir, sentarse, parar, … -Non aceptar alimentos de descoñecidos. -Facer as súas necesidades en lugares axeitados. Aos cans pódeselle empezar a ensinar dende os 2 meses con pequenas cousas como decirlle “non” cando fai algo mal, sen maltratalo, e acariñalo cando fai algo ben e obedece. A mellor idade para ensinalo é a partir dos 4-5 meses.
Antes de facernos cun can debemos ter en conta: -que pode vivir moitos anos -o tamaño que vai a acadar -os gastos que nos vai ocasionar (alimentación, vacinas, desparasitacións...) -as condicións nas que vai vivir (un piso, unha casa con xardín ou horta…) -se teremos a pacencia suficiente para aguantar algunhas das súas “trasnadas” e ensinarlle unhas normas mínimas -se dispoñemos de tempo para cubrir a súa necesidade de compaña e de facer exercicio.
Se vivimos nunha vila ou cidade deberemos ter en conta certas normas polo ben do can, para evitar accidentes e por hixiene e respeto aos veciños: -Non levalo solto polas rúas e estradas. -Levalo a facer as deposicións en lugares axeitados ou recollelas. Algúns concellos teñen normativas específicas neste sentido. -Evitar que ladre en horas que moleste aos veciños. Segundo o artigo 1.905 do Código Civil Español: “O posuidor dun animal ou o que se serve del é responsable dos perxuícios que causase, aínda que se lle escape ou extravíe…”
¿Que facer diante dun can descoñecido? O primeiro que debemos evitar é correr ou berrar. Se corremos despertamos nel o instinto cazador e perseguiranos. Se berramos interpretará os nosos berros como ladridos doutro can co que nos convertemos nun “inimigo”. Se estamos quedos o máis seguro é que se deteña, ladre e se volva por onde apareceu, ou que se achegue, nos olfatee e sega coas súas cousas.
AS RAZAS Na actualidade existen arredor de 300 razas de cans que se diferencian polas súas formas, o seu tamaño e as súas aptitudes. SPITZ e PRIMITIVOS Cans que conservan a apariencia de lobos. Husky Akita Samoiedo Chowchow Malamute Spitz
CANS PASTORES Para a guía, o coidado e a defensa dos rabaños. Xeralmente son cans medianos ou grandes, áxiles, fortes e dóciles. Bobtail Pastor belga Pastor alemán Gos d’atura Komondor Collie
CANS DE GARDA Cans grandes ou moi grandes, robustos, de aspecto fero. Doberman Dogo ou Gran danés Bulldog San Bernardo Terranova Mastín
CANS DE CAZA Rápidos e de bo olfato. Cans rastreadores: buscan as presas Cans de mostra: buscan e localizan as presas Sabuxo Beagle Pointer Setter Lebreiros: perseguen as pezas á carreira Cans cobradores: recollen as pezas unha vez abatidas Galgo Podenco Retriever Cocker
CANS DE COMPAÑA De tamaño variado, máis ben pequenos, a maioría derivados de cans de caza Caniche Pequinés Chihuahua Lasha apso Shi-tzu Terriers Pincher Maltés
CANS GALEGOS Can de palleiro Raza autóctona galega. Rústico e fornido, de tipo lupoide, de tamaño medio (duns 60-62 cm na cruz) e constitución forte.Can pastor e de garda, polivalente, pois tanto vai coas vacas guiándoas e gardándoas como tamén coida da casa. Conserváronse nas zonas altas de Lugo e Ourense onde se empregaron desde sempre para coidar do gando. En xeral o nome de can de palleiro úsase para os cans de razas indefinidas procedentes de mestizaxes. sabuxo galego podenco galego guicho
REFRÁNS: -O can de Torrado, canto fai coa man, desfai co rabo. -Lobos e cans, fillos de irmáns. -O home e o can van a onde llo dan. -Polo pan baila o can. -Dame pan e chámame can. -O que a can alleo da pan, perde o pan e perde o can. -Pelo cortado, can amolado. -A can flaco todas son pulgas. -Can ladrador, pouco mordedor. -Can que moito ladra, pouco morde. -Can que moito lambe tira sangue. -De balde andan os cans e levan paus (ou pedradas) -En febreiro busca a sombra o cadelo. -Ruín cadela roe ás veces boa correa. -Se queres gañar ao can, dalle pan.
DITOS: -A can vello non hai “quis, quis”. -De casta lle ven ao galgo. -Non queda can detrás do palleiro. -Morto o can acabouse a rabia. -Cada can lambe o seu. -O meu can pillou unha lebre.
Montaxe: Adela Leiro FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta, Internet, arquivo Corel. DEBUXOS: Mon Daporta