10 likes | 262 Views
DINÁMICAS DA AGRICULTURA ECOLÓXICA EN GALICIA 2 Evolución do sector gandeiro Grupo de Investigación Agricultura Ecolóxica e Agroecoloxía.
E N D
DINÁMICAS DA AGRICULTURA ECOLÓXICA EN GALICIA 2 Evolución do sector gandeiro Grupo de Investigación Agricultura Ecolóxica e Agroecoloxía O sector gandeiro é un dos que máis pulo está a acadar dentro da Agricultura Ecolóxica en Galicia. Compre destacar o vacún de leite e o vacún de carne como os maiores alicerces da gandería galega. Así mesmo o sector avícola tamén comeza a ter unha importancia destacable. Nas gráficas seguintes imos a analizar a evolución do número de explotacións dende o ano 2001 ate o 2007 e do número de cabezas de gando do 2004 ate o 2007. Vacún de leite O incremento do número de explotacións ecolóxicas de vacún de leite é moi importante, pasando de 10 en 2001 ate as 21 existentes no 2007. O numero de cabezas de vacún de leite non medrou nestes anos, sitúandose dende o 2004 en torno as 1.300. Fonte MAPA Fonte MAPA Vacún de carne O número de explotacións de vacún de carne ecolóxicas multiplicouse por máis de tres dende o 2001 ate o 2007, aínda que a tendencia parece ir cara un estancamento. No período que vai dende o 2004 o 2007 o número de cabezas de gando mantense en torno as 3500 con pequenas oscilacións. Fonte MAPA Fonte MAPA Fonte MAPA Sector avícola Dentro do sector avícola distinguimos entre a produción de carne e a produción de ovos. Podemos observar como o número de explotacións avícolas destinadas a produción de ovos medrou espectacularmente ate o 2005, estancándose a partir de entón. O número de aves produtoras de ovos atópase constante en torno as 14000. A produción avícola de carne non acadou un incremento tan importante neste período. Fonte MAPA Fonte MAPA