260 likes | 449 Views
ESPAZOS NATURAIS Ría de Foz-Masma. Inclúe o curso medio e baixo do río Masma, os seus afluentes Valiñadares, Fraga Vella e Batán, a ría de Foz, e a costa ata Benquerencia. No espazo atópanse varios ecosistemas ben definidos: cantís, areais, marismas e bosques de ribeira.
E N D
ESPAZOS NATURAIS Ría de Foz-Masma
Inclúe o curso medio e baixo do río Masma, os seus afluentes Valiñadares, Fraga Vella e Batán, a ría de Foz, e a costa ata Benquerencia. No espazo atópanse varios ecosistemas ben definidos: cantís, areais, marismas e bosques de ribeira. LIC, ZEPVN Ría de Foz-Masma EXTENSIÓN: 575,17 ha CONCELLOS: Foz, Barreiros, Lourenzá, Mondoñedo. ZEPA Ría de Foz DATA: 2-4-2004 SUPERFICIE: 564 ha Está incluída no Inventario de Áreas Importantes para as Aves da SEO/BirdLife CONCELLOS: Barreiros, Foz. VALORES NATURAIS: esteiros, marismas, praias, cantís, bosque de ribeira...
O río Masma nace entre os picos de Seixo Branco e Cadramón (Serra do Xistral). Ten un percorrido de 46,2 km e os seus afluentes pola esquerda son Fraga Vella ou Figueiras, Couboeira e Oirán, e pola dereita Valiñadares e Batán. No curso alto presenta unha forte pendiente que se suaviza nos derradeiros 20 km. Forma os amplos vales de Mondoñedo, Lourenzá e Barreiros. O Masma recibe distintos nomes no comezo do seu percorrido: primeiro Pedrido e logo Tronceda. O Masma na Fervenza (Mondoñedo)
O Masma en Viloalle (Mondoñedo) O Masma en Masma (Mondoñedo)
Río do Batán. Nace na serra da Cadeira e xúntase ao Masma en A Ribeira (Lourenzá).
As beiras do Masma conservan bosques de ribeira nos que que predominan os ameneiros (Alnus glutinosa), acompañados por salgueiros (Salix atrocinerea),sanguiños (Frangula alnus), pradairos, fentos… O río e as súa beiras acollen unha variada fauna, etre a que destacan os anfibios, os insectos e cinco especies de peixes continentais. Fentos (Blecnum)
A Ría de Foz está situada na rasa litoral que se estende por toda a costa cantábrica. Está formada polo río Masma o Centiño e o rego de Esteiro. É unha ría en forma de funil rodeada de xistos e areíscas. Presenta unha ampla chaira intermareal lamacenta con marismas que se concentran na marxe dereita do interior da ría. É unha ría en proceso de colmatación porque a forza do mar impide a saída dos materiais que arrastra o río e trae cara a ela a area que arranca nos cantís veciños.
Praia da Rapadoira (Foz). A construcción dos diques cambiou a fisonomía das praias da Rapadoira e Altar.
Punta de San Bartolo e praia de Remior (Benquerencia-Barreiros)
Neste espazo destaca a vexetación de marisma e, en menos medida, de dunas. Nas zonas resgardadas do esteiro hai seba (Zostera noltii), Juncus maritimus,Spartina maritima, Juncus gerardi, Scirpus maritimus e Phragmites australis. Nas dunas das praias podemos atopar Ammophila arenaria,Eryngium maritimum,Linaria polygalifolia, Cochlearia aestuaria (endémica das costas do golfo de Biscaia), Limonium dodartii (en perigo crítico de extinción en España)… Seba (Zostera noltii)
No esteiro do Masma e na ría de Foz hai catalogadas 200 especies de aves. Destacan as poboacións de aves acuáticas, especialmente durante o inverno e o paso migratorio outonal: cullereiro (Platalea leucorodia), lavanco (Anas platyrhynchos), cerceta (Anascrecca), asubiador (Anas penelope), o escaso ganso de cara negra (Branta bernicla), raro en España e que é relativamente frecuente de ver nesta ría; mazarico real (Numenius arquata), mazarico rubio (Limosa lapponica), pilro gordo (Calidriscanutus). Rexistrouse a cría da escasa garza pequena (Ixobrychus minutus). Mazarico rabipinto ou rubio (Limosa lapponica)
Cullereiros (Platalea leucorodia). Ivernan na ría de Foz procedentes de Holanda.
Montaxe: Adela Leiro Fotos: Adela Leiro, Mon Daporta