140 likes | 257 Views
“La libertad no hace felices a las personas, las hace sencillamente personas" Manuel Azaña (traducido a l i ngua x e no n sexista). Os axentes sociais e o reto da converxencia en Europa no 2010. FORMACIÓN, ORIENTACIÓN E COMPETENCIA. - como estratexia - como obxectivo.
E N D
“La libertad no hace felices a las personas, las hace sencillamente personas" Manuel Azaña (traducido a linguaxe non sexista) Os axentessociais e o reto da converxencia en Europa no 2010 FORMACIÓN, ORIENTACIÓN E COMPETENCIA
- como estratexia - como obxectivo COMPROMISO PROGRESISTA DIÁLOGO SOCIAL - contribuír a consolidar un goberno de progreso - realizar os cambios estruturais necesarios . para máis autogoberno . para máis competencias . para lograr os obxectivos básicos de Lisboa (innovación e coñecemento) . para mellorar a actividade produtiva aumentando o investimento en I+D+i - converxer coa media europea a española
Índice de asuntos • Que é converxencia? • PIB fronte a coñecemento • I+D+i? • Salarios e demografía • As cualificacións no modelo que buscamos • Os avances do diálogo social • Reflexións para a mellora • Avaliación de actuacións e análise • Capital social e axentes sociais • Indicios para un moderado optimismo
Que é converxencia? • PIB fronte a coñecemento É necesario para o país un esforzo en formación para cubrir o diferencial con Europa? Si, pero… • O problema actual en Galicia xa non é o paro masivo senón o tipo de emprego que se crea. • Servizos e construción seguen a ser o motor do crecemento. • Máis do 80% do novo emprego creado o ano pasado foi nos servizos, mentres que na industria o emprego apenas aumentou. • Os servizos que máis medran son os que demandan menor cualificación, a hostalaría, actividades de limpeza e de seguridade. Os empregos de baixa cualificación son máis do 50% dos creados. • O noso sistema produtivo está xerando empregos, pero pouco cualificados. • Os empregos están a cubrirse basicamente con mulleres e con poboación inmigrante. • Retroaliméntase a segregación ocupacional e a desigualdade laboral.
Que é converxencia? Coa salvidade da baixa cualificación as leis de igualdade e a dependencia están, pese a todo, a mellorar o emprego feminino e poden facelo máis aínda, pero polo de agora estamos lonxe das taxas europeas. Datos Eurostat, INE e IGE 2º semestre 2007
Que é converxencia? • I+D+i Hai vontade por parte da Administración, hai aumentos orzamentarios, pero…: • O investimento público parte de niveis moi baixos, aínda que aumente significativamente, e as empresas investiron menos. • En 2006 Galicia caeu do sexto ao oitavo posto en porcentaxe do PIB investido en I+D. A Xunta sorpréndese, pero os números son os números. • Estamos a piques de pasar a un novo grupo do mapa.
Que é converxencia? • En 2004 a porcentaxe do PIB adicado a I+D para a UE 25 era do 1,86, para a UE 15 era do 1,92 e dende entón continuou medrando. Estatística sobre actividades en I+D. Ano 2006. (Resultados provisionais) INE, 20/11/2006 (a táboa é unha copia). En 2006, no conxunto de España a media foi 1,20
Que é converxencia? • Salarios e demografía • A situación mellora, pero a diferenza salarial con España aínda é moi grande. • Os traballadores cualificados buscan en moitas ocasións oportunidades fóra de Galicia • Para reter o talento axudarán, sen dúbida, mellorar salarios e condicións de traballo • Sen medidas adicionais a cualificación por si mesma pode non ser abondo
Os avances do diálogo social • Logros Boa parte dos obxectivos fixados no diálogo social abordáronse con mellor ou peor fortuna. Lembrámolos: 1. Proporcionarlles aos traballadores a formación axeitada. 2. Determinación clara das prioridades de formación. 3. Asumir competencias na formación continua. 4. Creación dunha entidade de xestión paritaria e tripartita da formación para o emprego. 5. Establecer un sistema áxil e flexible de homologación de especialidades de formación. 6. Conectar a planificación da formación coas necesidades. 7. Definir un sistema participativo que teña como eixe fundamental as organizacións empresariais e sindicais máis representativas. 8. Deseñar e iniciar a implantación dun sistema de acreditación de competencias que sexa áxil e xeneralizable. 9. Equilibrio de oferta formativa e posta en valor da formación de activos.
Reflexións para a mellora • Avaliación de actuacións e análises Cremos necesario 1. Mellorar as análises e os instrumentos de planificación, para poder avaliar a rendibilidade social das actuacións. 2. Unha mellor determinación das prioridades de formación. 3. A creación, por fin, dunha entidade de xestión paritaria e tripartita da formación para o emprego. 4. Investir máis recursos en mellorar a planificación e a impartición, reducindo a carga de xestión pura e dura e as rixideces administrativas. 5. Sobre todo, integración das formacións profesionais no marco do sistema de cualificacións.
Reflexións para a mellora • Capital social e axentes sociais Entendemos o capital social, como un concepto que: • Subliña o valor das relacións sociais, a cooperación entre iguais e a confianza para o logro de resultados. • Podería resumirse como "non só é importante o que sabes, ou o que tes, senón a quen coñeces". • Igualmente, refírese ao valor colectivo das redes sociais. • As comunidades con máis capital social son as de maior desenvolvemento, Galicia é a quinta pola cola. • O capital social pode axudar a paliar os tres déficits do cambio estrutural: a baixa lealdade institucional, a diminución da confianza informal e o debilitamento do coñecemento institucional. • Os axentes sociais de Galicia e as administracións implicadas na FP temos unha tarefa neste eido.
Indicios para un moderado optimismo • O II Plan galego de formación profesional está abordando como liñas estratéxicas moitas das cuestións que se propoñen. • O grupo de traballo que o redacta está, en si mesmo, aumentando o capital social entre os axentes e as administracións que participan. • Todos vostedes son profesores de FP. Pois ben, un estudo sobre a opinión dos docentes publicado hai pouco sinala que, en Madrid, só os profesores de FP cren que mellorou a educación. É un sinal?
Grazas • CÓMPRE NON PERDERMOS O TEMPO • -Inserir a Galicia nos países máis desenvolvidos • -Utilizar os recursos europeos neste período 2007-2013 • -Fomentar a complicidade social, implicando os axentes sociais
Para cambiar o actual patrón de crecemento é necesario inverter máis e mellor na formación profesional, e prever as necesidades a medio prazo. Xa non serven nin a improvisación, nin a formación e a cualificación que non se poden aplicar, recoñecer e retribuír no sistema produtivo. É necesario que a formación e o emprego “se atopen”, e a integración de toda a formación profesional nun sistema único ten un papel principal nese achegamento. A resposta á pregunta coa que iniciamos esta intervención é que si hai un desaxuste entre os sistema produtivo e a formación e cualificación da poboación, pero se debe a que o sistema crea demasiados empregos pouco cualificados, e non á falta xeneralizada de persoas cualificadas, aínda que cada vez escoitamos máis voces empresariais interesadas, dicindo que en España falta esta mao de obra e que é necesario recorrer á inmigración laboral cualificada. Hoxe por hoxe o que hai detrás desa demanda empresarial é o desexo de abaratar o custo laboral e de “desregular” as relacións laborais. Conclusións