120 likes | 293 Views
DIDÁCTICA DA CONSTRUCIÓN PERSOAL E IMPERSOAL DE INFINITIVO. Imos estudar a construción persoal e impersoal de infinitivo a través de seis fases:. DIDÁCTICA DA CONSTRUCIÓN PERSOAL E IMPERSOAL DE INFINITIVO. Fase 1ª: Ubicación Fase 2ª: Recoñecemento Fase 3ª: Verbos determinantes
E N D
Imos estudar a construción persoal e impersoal de infinitivo a través de seis fases: DIDÁCTICA DA CONSTRUCIÓN PERSOAL E IMPERSOAL DE INFINITIVO • Fase 1ª: Ubicación • Fase 2ª: Recoñecemento • Fase 3ª: Verbos determinantes • Fase 4ª: Tradución • Fase 5ª: Mutación • Fase 6ª: Orixe, evolución e razón do nombre
Fase 1ª: Ubicación: Como saber que estamos diante deste tipo de construción? Cando nos atopemos cunha oración de infinitivo da que o verbo determinante estea en voz pasiva e non se trate dun verbo deponente. Exemplo: SI: Dicitur Homerum caecum fuisse. NON: Piso pollicetur Caesarem iturum. Verbo pasivo Verbo deponente
IMPERSOAL Se se dan conxuntamente dúas circunstancias: Que o verbo pasivo en forma persoal estea en terceira persoa do singular. Que na frase haxa un acusativo suxeito do infinitivo. PERSOAL Sempre que o verbo determinante non estea en terceira persoa do singular. Tamén cando, ao estar o verbo determinante en terceira persoa do singular, non haxa na frase un acusativo suxeito do infinitivo. Fase 2ª: Recoñecemento: E como distinguir se é impersoal ou persoal? Solem e mundo tollere videntur qui amicitiam e vita tollunt. Dicitur Homerum caecum fuisse. Druidum disciplina in Britannia reperta atque inde in Galliam translata esse existimatur.
Se o verbo determinante pasivo aparece en tempo composto na construción impersoal, o participio iempre estará en forma neutra; na persoal, concertará en xénero, número e caso co nominativo que fai de suxeito. w: Fase 3ª: Verbos determinantes: Que verbos determinantes adoitan usarse? • Videtur: parece, semella • Fertur/dicitur: dise, disque • Existimatur/putatur: pénsase • Traditur: sábese por tradición • Auditur/audiebatur: óese/ouvíase • Iubetur/iussum est: ordénase/ordenouse
Fase 4ª: Tradución: Como traducir? Ambas as dúas construcións tradúcense da mesma maneira, como se fose impersoal, é dicir, como se se tratase dunha oración de infinitivo con suxeito en acusativo. Vexamos un exemplo
Dicitur Homerum caecum fuisse / Dicitur Homerus caecus fuisse Comézase por traducir o verbo determinante seguido de ‘que’: Preme o teu rato para avantar na presentación Dicitur: dise que Tradúcese logo o suxeito do infinitivo e, por fin, o infinitivo na forma persoal que lle corresponda máis os seus complementos: Homerum caecum fuisse/Homerus caecus fuisse: Homero foi cego.
Fase 5ª: De perfeccionamiento: Como se transforma unha construción impersoal a persoal e viceversa? • TRANSFORMACIÓN DE IMPERSOAL A PERSOAL Comézase por pasar a nominativo –do seu mesmo xénero e número- a palabra que aparece na construción impersoal en acusativo suxeito do infinitivo; se na impersoal houbese algún adxectivo concertando co dito suxeito –incluído i participio se se trata dun infinitivo composto-, este adxectivo ou participio tamén se pasará a nominativo: Impersoal:Dicitur Homerum caecum fuisse Preme no teu rato para avantar na presentación Acusativo, suxeito do infinitivo Adxectivo que concerta co suxeito. Ambos pasan a nominativo: Homerus caecus
Impersoal:Dicitur Homerum caecum fuisse Preme no teu rato para avantar na presentación O verbo determinante non precisa cambiar neste exemplo, pois o seu novo suxeito –Homerus- é un nominativo singular. Polo demais, se a persoa e número resultante do novo suxeito non coincidise coa 3ª persoa do singular do verbo determinante, modificarase este para facelo concertar: Persoal:Dicitur Homerus caecus fuisse Nun exemplo como o seguinte, si tenríamos que cambiar o verbo determinante: Impersoal:Hostes adesse nuntiatur /Persoal:Hostes adesse nuntiantur Acusativo, suxeito de adesse Nominativo, suxeito de nuntiantur e de adesse.
Fase 5ª: De perfeccionamiento: Como se transforma unha construción impersoal a personal e viceversa? • TRANSFORMACIÓN DE PERSOAL A IMPERSOAL O procedemento é o inverso. Comézase por poñer o verbo determinante en 3ª persoa do singular do mesmo tempo, se non o estivese; logo, a palabra en nominativo –expresa ou elíptica- que facía de suxeito do dito verbo pasa a acusativo do seu mesmo número para que sexa agora suxeito do infinitivo; finalmente faise o mesmo (pásase a acusativo do seu mesmo xénero e número) os adxectivos ou participios que acompañasen a ese suxeito: Nominativo, a concertar con Aristeus Preme no teu rato para avantar na presentación Persoal:Aristeus olei inventor fuisse dicitur 3ª persoa do singular, con Aristeus como suxeito Nominativo, suxeito de dicitur 3ª persoa do singular, coa oración de infinitivocomo suxeito Impersoal:Aristeum olei inventorem fuisse dicitur Acusativo, a concertar con Aristeum Acusativo, suxeito de fuisse
Fase 6ª: Orixe, evolución e razón do nome: Como surxe a construción persoal e por que se chama así? Pártese, na súa orixde, de verbos declarativos (decir, contar, saber...) que en activa -máis que nada na 3ª persona do singular ou plural as máis das veces (di/din, conta/contan...) poden eventualmente adoptar a construcción impersoal, no senso de non contaren cun suxeito definido: Dicunt Suevos centum pagos habere Din que os Suevos teñen cen aldeas Preme no teu rato para avantar na presentación Pois ben, se transformamos a oración en pasiva, a oración de infinitivo, lóxica e gramaticalmente, pasa a ser suxeito do dito verbo declarativo: Dicitur Suevos centum pagos habere
Agora ben, a tendencia do latín a suprimir o impersoal provocou que o acusativo –suxeito do infinitivo- pasase a nominativo –suxeito, gramaticalmente só, non lóxicamente, do verbo declarativo-, que queda así convertido artificialmente en persoal. Esta construción persoal é, con moito, a máis frecuente en latín clásico. Quedaría, pois, finalmente así a nosa construción orixinal: Dicuntur Suevi centum pagos habere. Esta construción chámase tamén ‘construción de infinitivo con nominativo’.