70 likes | 219 Views
UNIDADE DIDÁCTICA DO POLEN. CONTEXTO DA AULA. Etapa: Educación Infantil Ciclo: 2º ciclo de educación infantil Curso: 5 anos As actividades realizaranse nun colexio de ámbito urbano e faranse na aula ordinaria. Nesta aula hai 25 alumnos.
E N D
CONTEXTO DA AULA Etapa: Educación Infantil Ciclo: 2º ciclo de educación infantil Curso: 5 anos As actividades realizaranse nun colexio de ámbito urbano e faranse na aula ordinaria. Nesta aula hai 25 alumnos. A duración da Unidade Didáctica será de 8 días, dedicando una hora diaria a realización das actividades.
OBXECTIVOS XENERAIS • Descubrir mediante distintos medios, o mundo das abellas: • -Coñecer onde viven . • -Que producen • -Para que é beneficioso o polen. • Coñecer o polen e descubrir as súas calidades . • Iniciarse na interpretación de imaxes e textos relacionados có tema.
CONTIDOS XERAIS • Adquisición dos conceptos do proceso do polen. • Descubrimento do mundo das abellas: onde viven, que producen, beneficios dopolen... • Coñecemento do polen e das súas calidades. • Interpretación de imaxes relacionadas có proceso de polinización
METODOLOXÍA • Propomos unha metodoloxía baseada en fomentar a autonomía persoal do alumno, có fin de que os nenos adquiran uns coñecementos básicos acerca do tema • Á hora de propor a metodoloxía, tivemos en conta: • - As características do lugar onde se vai realizar (na aula): debe ser unha aula espaciosa, con suficiente espazo para a mobilidade dos alumnos/as. • Utilizaremos a motivación como principal método para manter a atención e aumentar o interese dos alumnos. Para iso utilizarei os seguintes sistemas de motivación: • O vídeo • Láminas decorativas • Charlas na asemblea • Puzzles • O principal método que empregaremos: • -Método individual: baséase no traballo individualizado de cada alumno. • Método colectivo: Mediante a realización dun mural en grupo. Usamos case sempre as mesmas imaxes porque pensamos que é unha forma de reforzar o concepto do proceso de polinización. O ver as mesmas imaxes, unha e outra vez, os nenos asimilan os conceptos vistos anteriormente e relacionan mellor as imaxes có aprendido.
TEMPORIZACIÓN A duración da Unidade Didáctica será de 8 días. As actividades organizaranse en sesións, cada unha de unha hora diaria. Isto é debido a que o noso obxectivo principal é que os nenos adquiran e asimilen coñecementos básicos acerca da temática do mel, respectando o ritmo individual de cada alumno/a... Durante esa semana, na hora dedicada a este tema, os nenos intercalarán diferentes fichas, metade da clase fará unha e a outra metade fará a outra, a modo taller. Ademais, se rematan antes as actividades poderán dedicarse a pintar o mural decorativo para a aula, ou ver vídeos en youtube relacionados có tema, escoitar cancións, ler contos...
AVALIACIÓN Levaremos a cabo tres tipos de avaliación: Avaliación inicial: lévase a cabo ao principio da Unidade Didáctica e antes da realización de cada un dos exercicios para poder coñecer os coñecementos previos dos nenos e propiciar un aprendizaxe significativo, mostrarémoslles aos nenos un tarro de polen e comprobamos mediante preguntas previas cales son os seus coñecementos acerca do tema, as preguntas son sinxelas e adaptadas o seu nivel educativo. Seguidamente realizaríamos unha avaliación continua, durante o tempo de duración da Unidade, para poder coñecer si os nenos desenrolaron novos coñecementos e adquiriron novos conceptos. Mediante a observación coñeceríamos cales son as principais dificultades que poden encontrar os niños na realización dos exercicios, e que é o que máis lles gusta e o que menos. Finalmente realizaríamos unha avaliación final mediante un power point, có obxectivo de coñecer cales son os coñecementos adquiridos polos nenos.