120 likes | 249 Views
UNIDADE 1 A ILUSTRACIÓN. EUROPA NO SÉCULO XVIII. Culminación do establecemento das monarquías absolutas. Guerras pola hexemonía europea e enfrontamentos polas colonias. Países máis poderosos: Inglaterra, Holanda e Francia. Países relegados a un segundo plano: Portugal e España.
E N D
EUROPA NO SÉCULO XVIII • Culminación do establecemento das monarquías absolutas. • Guerras polahexemonía europea e enfrontamentospolas colonias. • Países máis poderosos: Inglaterra, Holanda e Francia. • Países relegados a un segundo plano: Portugal e España. • A poboación europea creceugrazas a unhaclimatoloxía favorable. Pasase en Europa de 120 millóns de habitantes en 1710, a 187 millóns en 1789. • As clases populares urbanas creceron, e a burguesía continuou acumulando riqueza e elevando o seu status social.
A ILUSTRACIÓN Concepto • Podería definirse como o movemento filosófico, literario e científico que se desenrola en Europa e as súas colonias ao longo do século XVIII (“das Luces”). • Supuxo unha importante modernización cultural e o intento de transformar as caducas estruturas do Antiguo Réxime.
A Ilustración Ideas fundamentais: • A Razón: é o único medio para conseguir a verdade e, xuntocoprogreso, constitúe o camiño para acadar a felicidade. • O Progreso: a el chégasegrazas á Ciencia;encombinación catécnica, permite o avance da humanidade de maneira evolutiva e indefinida. • A Natureza: É a orixe de todo o xenuino, verdadeiro e auténtico. A sociedade é a que falsea e corrompe ao home, bo en estado natural. • A Felicidade: É un ben ao que todo home ten dereito e constitúe un fin en sí mesma. • A liberdade: dependencia das leis colectivas e non dos poderes independentistas. • A Tolerancia: respeto dos dereitosnaturais en todos os seres humáns.
A Ilustración Vehículos de difusión • As sociedades científicas, literarias ou artísticas e as academias, apoiadas polos poderes públicos. • As sociedades de amigos do país, establecidas normalmente nas principais cudades e capitais de provincia. • Os Salóns. Tertulias ou reunións de ilustrados. • A Enciclopedia
A Ilustración Antecedentes da ilustración Hai que buscalos en Inglaterra e Holanda durante o século XVII Destaca a figura de Newton. Figura decisiva de gran influencia posterior John Locke. Propugna a separación de poderes.
A Ilustración LIBERALISMO POLÍTICO Os principais ideólogos ilustrados foron franceses, destacan: • Montesquieu. Teoriza sobre a división de poderes: executivo, lexislativo e xudicial . É o punto de partida do liberalismo político, en oposición ao absolutismo. • Voltaire. Indaga naliberdade de pensamento e aboga por unha nova relixión natural individual (deísmo) que sustitúaás reveladas. Defende os dereitoscivís. • Rousseau. Faifincapéna concepción da Naturaleza e as relaciónssociais entre os homes. Critica a desigualdade social e propón un modelo de sociedade no que a soberanía estivese en mans do pobo e no do rei.
A Ilustración: DESPOTISMO ILUSTRADO • Constituiuunha forma de goberno que trataba de conciliar o absolutismo cas novas ideas da ilustración, intentanto para isoconxugar os intereses da monarquía cobenestar dos gobernados. • Desenrolouse durante a segunda metade do s. XVIII. • O termo ten a súaorixena palabra italiana «Déspota» sobernao que gobernasensuxección a leialgunha. • Boa parte dos soberanos europeos desenrolaron en maiorou menor medida esta forma de goberno para incentivar a cultura e a mellora das condicións de vida dos seus súbditos. «TODO PARA O POBO PERO SEN O POBO»
A Ilustración: DESPOTISMO ILUSTRADO • Para levala a cabo valéronsedunha serie de reformas que en certo modo buscaban modernizar as estructuras económica, administrativa, educativa, xudicial e militar dos seus respectivos estados. • Todo isto, respetando a esencia do reximenabsolutista e a división estamental da sociedade. A planificación e posta en práctica desasactuacións as levaron a cabo unha serie de ministros e altos funcionarios da administración estatal, entre os que destacaron o marqués de Pombal en Portugal, o marqués da Ensenada en España ouTurgot en Francia. Marqués da Ensenada
A Ilustración: DESPOTISMO ILUSTRADO • As limitacións do despotismo ilustrado foron evidentes: obtuvo relativos éxitos nos campos administrativo, educativo e económico. Sen embargo fracasou no social xa que os seus promotores no fueron partidarios de acometer reformas en profundidade que puxesen en perigo as vellas estructuras do Antiguo Réxime. • Este fracaso abriu o camiño a posiciónsmaisradicais e o intento de modernización do absolutismo viusefrustradapolasrevolucións burguesas.
A Ilustración: • LIBERALISMO ECONÓMICO: • Concrétase en dúas correntes: a fisiocracia e o liberalismo económico, que entran en colisión ca tendencia imperante do momento, o mercantilismo. • Fisiocracia • Os fisiócratas sosteñen ca riqueza dun estado proven da natureza, máis exactamente, da agricultura. O seu principal teórico é Quesnay. • Liberalismo • Para os seus defensores, a riqueza do Estado non radica nin na acumulación de metais preciosos (mercantilismo) nin exclusivamente na agricultura (fisiocracia), senón na liberdade. O Estado no ten que intervir na actividade económica. O seu principal teórico é Adam Smith.