210 likes | 334 Views
ESPAZOS NATURAIS Encoro de Abegondo-Cecebre. Comprende o encoro de Cecebre, áreas da súa ribeira e parte dos cursos dos ríos Mero (3,8 km) e Barcés (4,9 km). Tem um gran valor ecolóxico pola flora e fauna asociada ás áreas inundadas. EXTENSIÓN: 522 ha (LIC) 1.321 ha (ZEPVN)
E N D
ESPAZOS NATURAIS Encoro de Abegondo-Cecebre
Comprende o encoro de Cecebre, áreas da súa ribeira e parte dos cursos dos ríos Mero (3,8 km) e Barcés (4,9 km). Tem um gran valor ecolóxico pola flora e fauna asociada ás áreas inundadas. EXTENSIÓN: 522 ha (LIC) 1.321 ha (ZEPVN) CONCELLOS: Cambre, Abegondo, Betanzos, Carral, Oza dos Ríos. PROTECCCIÓN: LIC, ZEPVN VALORES NATURAIS: ríos, encoro, bosques de ribeira, anfibios, aves ...
O río Mero nace nos montes da Tieira e, despois de 46 km de percorrido desemboca na ría do Burgo. O Mero na ponte Beldoña, entre Betanzos e Abegondo
O río Barcés nace nos montes do xalo e xúntase co Mero no encoro de Cecebre.
O encoro de Cecebre foi construído en 1976. na confluencia dos ríos Mero e Barcés, para o abastecemento de auga á Coruña e poboacións próximas.
As partes internas do encoro e os cursos dos ríos conservan importantes extensións de salgueirais e ameneirais pantanosos e, en áreas marxinais e algo elevadas, carballos. Augas arriba do encoro consérvanse amplas áreas de bosque de ribeira e pequenos rodais de carballeira. Nas zonas asulagadas e nas beiras atópanse espadainas, xuncos, esparganio, eleocaris, chantaxe de auga, sombreiriño de auga....
Restos da Fraga de Cecebre. O encoro asulagou unha gran parte da coñecida fraga de Cecebre que inspirou a obra “O bosque animado” de Wenceslao Fernández Flórez.
Herba das rans, lenetlla de auga (Lemna minor), a planta con flores máis pequena. Herba salgueira (Lytrum salicaria)
No espazo protexido contabilizáronse unhas 200 especies de aves. No encoro de Cecebre inverna unha importante comunidade de aves acuátias (arredor de 45 especies): pato cullerete, pato asubión, charneco, parrulo chupón, parrulo cristado, corvo mariño grande, garza, garzota... Crían o demo negro, pita de auga, somorgullo pequeno, alavanco real ... e gran número de paxaros. Gansos e parrulos domésticos
Parrulo cristado común (Aythya fuligula), unha ave que inverna no encoro de Cecebre.
Mergullón pequeno (Tachybaptus ruficollis), do que hai unha poboación nidificante de máis de 50 parellas que se duplica na época de muda.
O espazo conta cunha boa representación de anfibios: sapiño pintoxo, sapiño comadrón, sapo común, estroza, ra patilonga, ra verde, píntega común, píntega rabilonga, limpafontes -común, verde, palmado-... Estroza (Hyla arborea). Vive subida nas plantas da beira do río e só visita a auga para reproducirse.
O encoro está a sufrir graves problemas ecolóxicos (destrucción da vexetación acuática, eleiminación de especies autóctonas) pola introdución de especies alleas: o cangrexo vermello de río (Procambarus clarkii), o pachorro ou carpa dourada (Carassius auratus), as tartarugas de Florida e os visóns fuxidos das granxas. Cangrexo de río americano
En Crendes hai unha aula da natureza con información sobre o espazo.
Montaxe: Adela Leiro Fotos: Adela Leiro, Mon Daporta