130 likes | 246 Views
PERSPECTIVA XURÍDICO LEGAL DO MOBBING. RAMÓN DIÉGUEZ RODRÍGUEZ. MOBBING. Resolución do Parlamento Europeo sobre o acoso moral no lugar de traballo.
E N D
PERSPECTIVA XURÍDICO LEGAL DO MOBBING RAMÓN DIÉGUEZ RODRÍGUEZ
Resolución do Parlamento Europeo sobre o acoso moral no lugar de traballo O acoso moral no lugar de traballo é un grave problema, ao que é necesario prestarlle maior atención, reforzar as accións destinadas a combatelo e idear novas maneiras de facerlle fronte. Pide aos Estados membros unha revisión da lexislación existente, que examinen a definición de acoso moral e que elaboren unha definición uniforme.
Constitución Española Artigo 10 1. A dignidade da persoa, os dereitos inviolables que lle son inherentes, o libre desenvolvemento da personalidade, o respecto á lei e aos dereitos dos demais son fundamento da orde política e da paz social
Constitución Española Artigo 14 Os españois son iguais ante a lei, sen que poida prevalecer discriminación algunha por razón de nacemento, raza, sexo, relixión, opinión ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social
ESTATUTO DOS TRABALLADORES Artigo 4. Dereitos laborais 2. Na relación de traballo, os traballadores teñen dereito: d) A súa integridade física e a unha axeitada política de seguridade e hixiene. e) Ao respecto da súa intimidade e á consideración debida a súa dignidade, comprendida a protección fronte ao acoso por razón de orixe racial ou étnico, relixión ou conviccións, discapacidade, idade ou orientación sexual, e fronte ao acoso sexual e ao acoso por razón de sexo.
ORIXE a) Organización do traballo deficiente: ausencia de interese dos superiores, carga alta ou mal distribuída de traballo, fluxos pobres de información, líderes espontáneos non oficiais, conflitos de rol, etc. b) Inaxeitada xestión dos conflitos por parte dos superiores: a negación do conflito ou a implicación activa no mesmo
DESENVOLVEMENTO 1ª- Fase de conflito 2ª- Fase de mobbing ou estigmatización 3ª- Fase de intervención dende a empresa 4ª- Fase de marxinación ou exclusión da vida laboral
1ª- Fase de conflito Problemas de organización do traballo ou problema interpersoal non resolto e convertido en crónico
2ª- Fase de mobbing ou estigmatización Adopción por unha das partes en conflito do comportamento hostigador individual ou en grupo; fase prolongada por actitudes de negación da realidade polo traballador, os implicados e incluso pola dirección, que chega a durar en xeral algo máis dun ano
3ª- Fase de intervención dende a empresa Medidas da empresa dende algún peldaño xerárquico superior para a resolución do conflito: resolución positiva a través do cambio de posto, fomento do diálogo, etc. resolución tendente a desembarazarse da suposta orixe do conflito a través dunha maior culpabilización e sufrimento do afectado (medidor máis frecuente)
4ª- Fase de marxinación ou exclusión da vida laboral En el caso b) citado, aplícanse medidas que van dende as baixas médicas sucesivas, ata o despido do traballador ou a pensión por invalidez permanente, debido ás consecuencias físicas, psíquicas e sociais que para o afectado ten este fenómeno de psicoterror, con as súas consecuentes cargas sociais e económicas
LEXISLACIÓN PREVENTIVA DO ACOSO MORAL NO TRABALLO O acoso moral no traballo, en canto risco psicosocial, ten a súa proteción xurídica e regulación na Lei de Prevención de Riscos Laborais e lexislación complementaria Falar de acoso moral no traballo, é falar de risco psicosocial, como unha parte integrante dos riscos, no seu senso amplo