120 likes | 242 Views
E N D
Este conto foi realizado por:Texto orixinal: Crisanta Bustabad PérezIlustración: alumnos e mestres do CEE Infanta ElenaAlumnos: Lucía, Javier, Saray, Ramón, Mario,Carlo, Montse, Marcos, Anastasia, Jose, Patricia, Isabel, Laura, Nelson, Antonio, Ana, Ismael, Daniel, Cristian e Samuel.Profesores: Aurora, Crisanta, Cristina, Elena, Gemma, José Luis, Loli,Lourdes, Montserrat, Mª Carmen e Mª Luisa.
Era o día de Samain Cando saíron María e Pepín A facer trasnadas pola noite, Sen que ninguén os escoite, Acenderon as cabazas Co lume das fogazas.
Emprenderon un camiño sinxelo Cara ao vello castelo Chamaron á porta, E abriu un vampiro coa cabeza torta ¡uf vaia susto!-dixo Pepín tremendo, ¡ímonos de aquí correndo! E mentres eles fuxían O vampiro ría
Tentando fuxir a porta cruzaron E no castelo se adentraron. De súpeto apareceu un negro gato Que os fixo correr outro anaco. E mentres eles fuxían, O vampiro e o gato rían.
Entraron nunha gruta Preta e obscura Chea de morcegos, Que case os deixan cegos E mentres eles fuxían. O vampiro, o gato e os morcegos rían
Logo de tanto correr Decidiron un descanso facer. De repente, viron unha pantasma Case lles dá un ataque de asma! E mentres eles fuxían, O vampiro, o gato, os morcegos E a pantasma rían.
Seguiron buscando a saída Pois preferían a noite fría Ao paso saíulles unha armadura, E corre que corre marcharon con amargura E mentres eles fuxían, O vampiro, o gato, os morcegos, a pantasma E a armadura rían
Atoparon un gran buraco Onde esconderse un anaco Se non fora un esquelete Que alí estaba no retrete E mentres eles fuxían, O vampiro, o gato, os morcegos A pantasma, a armadura e O esquelete rían
Eu quero marchar para a casa -dixo María. Isto xa desde o comezo me arrepía -Este castelo está encantado- Dixo Pepín asustado E estando buscando a saída Apareceu un monstro coa fronte cosida E mentres eles fuxían, O vampiro, o gato, os morcegos, A pantasma, o esquelete e O monstro rían
Atoparon un pasadizo E unha bruxa desfixo o feitizo Son a bruxa do outono Espertade deste sono! Deixade xa de tremer Que nada disto volveredes a ver! Marchade á casa a durmir Que todos nós quedaremos a rir!