210 likes | 315 Views
CURRÍCULO EDUCACIÓN INFANTIL. LOE. REFERENTES :. - Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. - Real decreto 1630/2006, do 29 de decembro, polo que se establecen as ensinanzas mínimas do segundo ciclo de educación infantil. Situación Actual : Anteproxecto de Decreto. O SENTIR….
E N D
REFERENTES: • - Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. - Real decreto 1630/2006, do 29 de decembro, polo que se establecen as ensinanzas mínimas do segundo ciclo de educación infantil. • Situación Actual: Anteproxecto de Decreto.
O SENTIR… • A aprendizaxe prodúcese en contextos significativos. • Destaca a propia achega da nena e do neno como elemento mediador na aprendizaxe que vai construíndo. • Cómpre ter como referente a adquisición das competencias básicas. • Deféndese unha metodoloxía activa e un enfoque construtivista
AUTOCOÑECEMENTO E AUTONOMÍA COÑECEMENTO DO CONTORNO E INTERACCIÓN CO MUNDO LINGUAXES: COMUNICACIÓN E REPRESENTACIÓN INTRODUCIÓN OBXECTIVOS CONTIDOS CRITERIOS DE AVALIACIÓN ÁREAS DE COÑECEMENTO:
AUTOCOÑECEMENTO E AUTONOMÍA • Trátase de desenvolver o proceso de construción persoal BLOQUES DE CONTIDOS :
COÑECEMENTO DO CONTORNO E INTERACCIÓN CO MUNDO • Favorecer o proceso de descubrimento e representación dos diferentes contextos que compoñen o propio contorno BLOQUES DE CONTIDOS
LINGUAXES: COMUNICACIÓN E REPRESENTACIÓN • A comunicación nas súas diversas manifestacións implica a capacidade de producir, recibir e interpretar mensaxes BLOQUES DE CONTIDOS
8 COMPETENCIAS BÁSICAS • Competencia lingüística • Competencia matemática • Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico • Tratamento da información e competencia dixital • Competencia social e cidadá • Competencia cultural e artística • Competencia para aprender a aprender • Competencia autonomía e iniciativa persoal
Contribución dende a educación infantil: COMPETENCIA LINGÜÍSTICA Fomentando a participación, respectando a diversidade de respostas e ofrecendo un clima no que se anime a ler, escribir e conversar.
Contribución dende a educación infantil: COMPETENCIA MATEMÁTICA Empregando os elementos e razoamentos matemáticos para enfrontarse ás situacións cotiás e reais que o precisen.
Contribución dende a educación infantil:COMPETENCIA NO COÑECEMENTO E NA INTERACCIÓN CO MUNDO FÍSICO • Iniciando as criaturas no pensamento científico, potenciando habilidades de investigación: formular hipóteses, recoñecer evidencias, observar, formular interrogantes, descubrir alternativas, verificar, predicir, xerar novas ideas e solucións
Contribución dende a educación infantil: TRATAMENTO DA INFORMACIÓN E COMPETENCIA DIXITAL Propoñendo situacións nas que sexa necesario resolver problemas reais, para o cal se recorrerá ao tratamento da información e ao uso dos recursos tecnolóxicos. Supón aprender “sobre” e “coas” TIC.
Contribución dende a educación infantil:COMPETENCIA SOCIAL E CIDADÁ Traballando as habilidades sociais que permiten mediar nos conflitos da convivencia, axudan a resolvelos con actitude construtiva e a tomar decisións con autonomía.
Contribución dende a educación infantil: COMPETENCIA CULTURAL E ARTÍSTICA Cando a aula estea aberta ás diferentes manifestacións culturais e artísticas.
Contribución dende a educación infantil: COMPETENCIA PARA APRENDER A APRENDER • Incidindo na potenciación da comprensión e da expresión lingüística, da memoria, da motivación, da observación, dos rexistros das aprendizaxes, do traballo cooperativo e por proxectos, da resolución de problemas, posibilitando a planificación e organización da tarefa a realizar, a selección e o tratamento da información.
Contribución dende a educación infantil: COMPETENCIA AUTONOMÍA E INICIATIVA PERSOAL Cando se permita imaxinar, emprender accións, desenvolver proxectos individuais ou colectivos con creatividade, confianza e responsabilidade.
AS COMPETENCIAS BÁSICAS E A SÚA REPERCUSIÓN NA METODOLOXÍA • A incorporación das competencias básicas no currículo obriga a reformular a práctica educativa. • Abandonar os tradicionais modelos de transmisión do coñecemento por modelos que permitan a mobilización de diferentes recursos cognitivos. • O paradigma educacional referente: “aprender a aprender” e de “aprender facendo”. Precísase unha aprendizaxe significativa que se transfira a situacións da vida real e que implique a resolución de problemas na práctica.
CAMBIOS MÁIS SIGNIFICATIVOS CON RESPECTO AO CURRÍCULO ANTERIOR
- Achegamento á lingua escrita. Utilización funcional e significativa da lectura e da escritura na aula. Achegamento á literatura infantil a partir de textos comprensibles e accesibles para que esta iniciación literaria sexa fonte de gozo, de diversión e de xogo. -A lóxica matemática como instrumento para coñecer o medio e interactuar co mundo.Favorecerase nas criaturas as nocións de tempo, espazo, causalidade, cuantificación e a resolución de problemas que se presentan na súa vida cotiá. As distintas formas de expresión matemática preséntanse como unha ferramenta para interpretar e intervir en situacións e actividades da vida cotiá.
-Iniciación ás tecnoloxías da información e comunicación.A educación sobre e cos medios de comunicación, identificando o papel que estas teñen na vida, interesándose polo seu coñecemento e iniciándose no seu uso. Primeira aproximación á lingua estranxeira. A lingua estranxeira practicarase en contextos comunicativos reais e funcionais nos que o alumnado se implique e participe activamente.