70 likes | 232 Views
UNIDADE 2. A función de nutrición. OS APARATOS CIRCULATORIOS E OS SEUS TIPOS. Ciencias da Natureza 2.º ESO. UNIDADE 2. Os aparatos circulatorios e os seus tipos. Ciencias da Natureza 2.º ESO. APARATO CIRCULATORIO. dous tipos. ABERTO. CERRADO. pode ser. SIMPLE. DOBRE.
E N D
UNIDADE2 A función de nutrición OS APARATOS CIRCULATORIOS E OS SEUS TIPOS Ciencias da Natureza 2.º ESO
UNIDADE2 Os aparatos circulatorios e os seus tipos Ciencias da Natureza 2.º ESO APARATO CIRCULATORIO dous tipos ABERTO CERRADO pode ser SIMPLE DOBRE Preme sobre cada recadro para saber máis
UNIDADE2 Os aparatos circulatorios e os seus tipos Ciencias da Natureza 2.º ESO Aparato circulatorio • Dáse na maior parte de animais e consta de: • Un líquido circulante, como o sangue, que transporta substancias polo organismo. • Uns condutos ou vasos, por onde circula ese líquido. • Un mecanismo propulsor, o corazón, que fai circular o líquido. Corazón Vasos sanquíneos: Arterias Veas Capilares Exemplo de sistema circulatorio cerrado dun mamífero. Volver ao menú inicial
UNIDADE2 Os aparatos circulatorios e os seus tipos Ciencias da Natureza 2.º ESO Animais con aparato circulatorio aberto • Propio de artrópodos e moluscos. • O líquido circulante sae dos vasos para bañar os tecidos do corpo, e, unha vez que intercambian as substancias coas células, regresan aos vasos. Un corazón con orificios impulsa o líquido circulante O líquido circulante entra e sae dos vasos para intercambiar substancias Sistema circulatorio aberto dun artrópodo Volver ao menú inicial
UNIDADE2 Os aparatos circulatorios e os seus tipos Ciencias da Natureza 2.º ESO Animais con aparato circulatorio cerrado • Propio de vertebrados e dalgúns invertebrados, coma os anélidos. • O líquido circulante sempre se encontra dentro dos vasos. O intercambio de substancias dáse a través das paredes dos vasos máis finos, chamados capilares. • Existen dous tipos: • Simple • Dobre O líquido circulante vai sempre dentro dos vasos As substancias intercámbianse nos capilares Un corazón sen orificios impulsa o líquido circulante Sistema circulatorio cerrado dun peixe Volver ao menú inicial
UNIDADE2 Os aparatos circulatorios e os seus tipos Ciencias da Natureza 2.º ESO Animais con aparato circulatorio cerrado simple • Dáse nalgúns invertebrados e en peixes. • O corazón impulsa o líquido circulante, que vai aos órganos respiratorios, onde toma osíxeno, e de alí vai ao resto do corpo. • Unha vez intercambia substancias co corpo, o sangue volve ao corazón. 2: O sangue vai ás branquias onde recolle osíxeno. 3: O sangue repártese polo corpo para intercambiar substancias. 1: O corazón impulsa o sangue. 4: O sangue volve dos distintos órganos ao corazón. Sistema circulatorio cerrado simple dun peixe Volver ao menú inicial
UNIDADE2 Os aparatos circulatorios e os seus tipos Ciencias da Natureza 2.º ESO Animais con aparato circulatorio cerrado dobre • Dáse en vertebrados terrestres. • O corazón impulsa o sangue cara aos pulmóns na circulación menor. Neles solta dióxido de carbono e toma osíxeno. • Despois o sangue regresa ao corazón, onde é impulsado aos órganos. Neles prodúcese o intercambio de substancias. • Dos diferentes órganos, o sangue volve ao corazón. 2: O sangue vai aos pulmóns, onde recolle osíxeno, e regresa ao corazón. 1: O corazón impulsa o sangue. 3: O corazón volve bombear o sangue, que vai aos distintos órganos Sistema circulatorio cerrado dobre dunha ave 4: O sangue volve dos distintos órganos ao corazón. Volver ao menú inicial