70 likes | 213 Views
UNIDADE 2. A función de nutrición. CIENTÍFICOS QUE INVESTIGARON A NUTRICIÓN. Ciencias da Natureza 2.º ESO. UNIDADE 2. Científicos que investigaron a nutrición. Ciencias da Natureza 2.º ESO. Marcello Malpighi. Miguel Servet. Hans Adolf Krebs. Melvin Calvin. Gerty Theresa Cori.
E N D
UNIDADE2 A función de nutrición CIENTÍFICOS QUE INVESTIGARON A NUTRICIÓN Ciencias da Natureza 2.º ESO
UNIDADE2 Científicos que investigaron a nutrición Ciencias da Natureza 2.º ESO Marcello Malpighi Miguel Servet Hans Adolf Krebs Melvin Calvin Gerty Theresa Cori Preme sobre os investigadores para saber máis.
UNIDADE2 Científicos que investigaron a nutrición Ciencias da Natureza 2.º ESO Miguel Servet • Científico e teólogo español, nacido en Villanueva de Sigena (Huesca, 1511). • As súas ideas inimizárono con católicos e protestantes. Foi condenado a morrer na fogueira acusado de herexía en Xenebra (Suíza, 1553). • Descubriu que o sangue fai un percorrido do corazón aos pulmóns, onde se “purifica”, para volver ao corazón e ser repartido ao resto do corpo (circulación pulmonar). Miguel Servet Volver ao menú inicial
UNIDADE2 Científicos que investigaron a nutrición Ciencias da Natureza 2.º ESO Marcello Malpighi • Anatomista e biólogo italiano, nacido en 1628. • Foi o primeiro italiano en ingresar na Royal Society de Londres (1669). • O papa Inocencio XII contratouno como médico persoal en 1691. • As súas principais achegas á ciencia producíronse no campo da anatomía microscópica. • Describiu numerosos tecidos, entre eles os dos órganos excretores dos insectos, en cuxo honor, foron denominados túbulos de Malpighi. Marcello Malpighi Volver ao menú inicial
UNIDADE2 Científicos que investigaron a nutrición Ciencias da Natureza 2.º ESO Gerty Theresa Cori • Naceu en Praga (República Checa, 1896). • Estudou medicina e graduouse en 1920. En 1922 emigrou a Estados Unidos, onde continuou o seu labor investigador. • Unha das súas principais achegas á ciencia foi o descubrimento do ciclo de Cori, que explica a circulación de substancias de reserva entre o fígado e os músculos. • Por iso recibiu o Nobel de Medicina en 1947 e converteuse na terceira muller que logra este galardón. Gerty Theresa Cori Volver ao menú inicial
UNIDADE2 Científicos que investigaron a nutrición Ciencias da Natureza 2.º ESO Hans Adolf Krebs • Naceu en Alemaña en 1900. • Estudou Medicina, Bioloxía e Química en diversas universidades alemás. • Debido á súa fe xudía, en 1933 co auxe do nazismo, foi obrigado a deixar a medicina e emigrou a Gran Bretaña onde se nacionalizou. • Baseándose en traballos de Gerty e Carl Cori, describiu como se forman as substancias de reserva na célula, o que se coñece como “ciclo de Krebs”. • Isto valeulle o Nobel de Medicina en 1953. Hans Adolf Krebs Volver ao menú inicial
UNIDADE2 UNIDADE2 Científicos que investigaron a nutrición. Científicos que investigaron a nutrición Ciencias da Natureza 2.º ESO Ciencias da Natureza 2.º ESO Melvin Calvin • Científico estadounidense, nacido en 1911. • Estudou Química na Universidade de Michigan onde se licenciou en 1931. Doutorouse na Universidade de Minnesota en 1935. • Na década de 1940, fixo investigacións sobre a fotosíntese. • Aclarou como o dióxido de carbono se transforma en materia orgánica grazas á enerxía solar, proceso coñecido cómo ciclo de Calvin. • Isto valeulle o Nobel de Química en 1961. Melvin Calvin Volver ao menú inicial