350 likes | 530 Views
ESPAZOS NATURAIS Estaca de Bares. Abrangue a zona comprendida entre a praia do Eirón em Espasante e a Punta Almeiro en Bares. A maioría da costa é rochosa con altos cantís entre os que se atopan algunhas praias como as de Esteiro, Sarridal e Picón.
E N D
ESPAZOS NATURAIS Estaca de Bares
Abrangue a zona comprendida entre a praia do Eirón em Espasante e a Punta Almeiro en Bares. A maioría da costa é rochosa con altos cantís entre os que se atopan algunhas praias como as de Esteiro, Sarridal e Picón. É unha área de grande interese paisaxístico, xeolóxico e ecolóxico. CONCELLOS: Mañón, Ortigueira EXTENSIÓN: 935,79 ha PROTECCIÓN: LIC. ZEPVN. A punta da Estaca de Bares está declarada Sitio de Interese Nacional. VALORES NATURAIS: cantís, praias, aves mariñas...
Enseada de Santo Antonio e punta Bandexa, no comezo do espazo protexido
Praia do Sarridal e punta Bandexa. Ao fondo Espasante e a ría de Ortigueira
Penafurada e Os Coitelos nos cantís do Picón. Ao fondo Punta Maeda e Estaca de Bares.
O río Esteiro nace na serra da Coriscada e desemboca nun estreito esteiro que forma unha curiosa praia ao longo do tramo final do seu curso.
A Estaca de Bares é o punto máis ó Norte na Península e divide as augas do Atlántico e o Cantábrico. Está formada maioritariamente por rochas graníticas (extremo Norte da Serra da Faladoira) que forman cantís de ata 200 m e varios illotes.
Observatorio de aves Observatorio ornitolóxico de Bares, construído en 1988. Bares é punto de encontro de Grupos Ornitolóxicos e Naturalistas de moitos países para observar os pasos migratorios das aves, en marzo en desprazamento cara ao norte e en setembro cara ao sur. As costas galegas son un dos principais lugares en Europa para o paso das aves mariñas, e Estaca de Bares é un dos puntos máis destacados xa que as aves que voan seguindo a costa vense obrigadas a rodeala e as que cruzan o mar fanno por este punto aproveitando a súa situación norteña.
Muíños en Estaca de Bares. Os pequenos regos salvan grandes pendentes que foron aproveitadas para instalar muíños hidráulicos, e a súa situación exposta para situar muíños de vento.
O Porto de Bares pertenece á Idade do Bronce (século VII a. C.) e posiblemente sexa de orixe fenicia. A escolleira está formada por grandes coios de granito labrados polo mar.
A vexetación dominante na zona de Bares é o monte baixo (toxos, xestas e queirugas). Nos cantís hai aceda (Rumex acetosa subsp. biformis), herba namoradeira (Armeria pubigera), catalinas (Silene scabriflora subsp. gallaecia), pudia xesta (Cytisus commutatus subsp. merinoi), Linaria Polygalifolia subsp. aguillonensis, (que so se atopa na costa da Coruña do cabo Vilán a Estaca de Bares), Inula Crithmoides...
Colexas (Silene uniflora subsp. uniflora), especie típica de areais e rochedos marítimos.
O espárrago (Asparagus officinalis) é unha planta común na Estaca de Bares e nos areais de Esteiro.
Inula Crithmoides, planta de follas carnosas que medra en marismas e cantís.
Gaivotas As aves máis comúns son os mascatos (segundo algúns autores pasan máis de 80.000 desde mediados de agosto ata finais de outubro), os parrulos pentumeiros, os corvos mariños, as gaivotas (de varias especies), as palleiras ou merdeiros, as pardelas, os falaropos...
Os mascatos (Sula bassana) son aves mariñas oceánicas que non se achegan á costa pero é posíbel observalas con prismáticos mergullandose para pescar.
Os falaropos son aves de paso que crían no Norte de Europa e no Ártico. Ocasionalmente vense nas costas galegas. Nestas pequenas aves o encargado de incubar os ovos e coidar as crías é o macho.
Carrán mascateiro (Gelochelidon nilotica). Veses raramente en Galicia
Montaxe: Adela Leiro Fotos: Adela Leiro, Mon Daporta, Lucía Leiro